Sunday 12 de May de 2024

A APSSC imparte un curso de lingua de signos no Concello de Boqueixón


O local social de Lestedo acolleu onte pola tarde a primeira sesión dun curso de lingua de signos. Esta acción formativa, que comprende un total de 10 horas lectivas, está sendo impartida pola Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela (APSSC).

Un total de 14 persoas dos municipios de Boqueixón e de Vedra iniciaron onte as clases. Durante as distintas sesións ofreceranse unhas nocións básicas sobre a Lingua de Signos Española co fin de achegar ao alumnado á realidade e ao tipo de comunicación que utilizan as persoas xordas.

O curso continuará os próximos xoves 22 e 29 de novembro e é de carácter totalmente gratuíto. As sesións desenvólvense en horario de tarde, entre as 16.00 e as 19.00 horas.

Dende o Concello de Boqueixón agradecen á APSSC a posta en marcha desta iniciativa que permite achegar á veciñanza á Lingua de Signos.